A Concellaría de Medio Ambiente Urbano e a empresa Cespa continúan esta semana cos zafarranchos de limpeza nas rúas da cidade. Como anunciou o concelleiro Raimundo González Carballo, estes zafarranchos teñen carácter semanal para manter en condicións hixiénicas todas as rúas da cidade. Nesta ocasión as zonas que se someterán a esta limpeza en profundidade son Daniel de la Sota e Santa Clara. A limpeza desenvolverase tanto na calzada como nas beirarrúas co uso de varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. Na noite do mércores e na madrugada do xoves, os traballadores de Cespa limparán Daniel de la Sota, no seu tramo aberto ao tráfico. Para evitar o estacionamento de vehículos, a Policía Local instalará valos con sinais de prohibido o estacionamento e a parada dende esta mesma mañá, aínda que non será efectivo até o mediodía do mércores. Na noite do xoves e na madrugada do venres, os traballos trasladaranse a Santa Clara. Neste punto, a Policía Local tamén instalará sinais de prohibido o estacionamento e a parada hoy martes, 24 de novembro, aínda que a prohibición non será efectiva até o mediodía do xoves. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores, para acadar unha perfecta limpeza das rúas. Fuente: Ayuntamiento de pontevedra
|