A Concellaría de Urbanismo, que dirixe a tenente de alcalde, Teresa Casal García, obtivo os informes favorables preceptivos das Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e de Cultura. A primeira declarou a innecesariedade de someter a avaliación ambiental estratéxica o Plan Especial e a segunda, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, deu o seu visto bo ao plan urbanístico coa única matización de que non autoriza preliminarmente o peche con galería dos tendais que dan ao ámbito, senón que este aspecto debe resolverse co proxecto arquitectónico que se redacte ao efecto e que se deberá someterse a ditame favorable chegado o momento. Recibidos os informes, a Xunta de Goberno Local pode xa proceder a aprobar inicialmente o Plan Especial, que logo debe pasar polos trámites de exposición pública, aprobación provisional e definitiva, todos eles por parte do Concello. O Plan, xunto coa declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) que está tamén a impulsar o departamento de Teresa Casal, ofrecerá o contexto dentro do cal se convocará o concurso de ideas de cara á rehabilitación deste simbólico punto da cidade de Pontevedra. Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|