Noticias Pontevedra
Pontevedra
Información general
Como llegar
Transportes
Alojamientos
Gastronomía
Donde comprar
Turismo de ocio
Música
Turismo cultural
Ayuntamientos de Pontevedra
Empresas
Servicios Profesionales
Fotografías
Webs amigas
Ayuda
Contacto
Publicidad

 Inicio >> Noticias Pontevedra >> Teresa Casal propón a cesión da Residencia da ONCE para reforzar o campus universitario

Teresa Casal propón a cesión da Residencia da ONCE para reforzar o campus universitario

A proposta baséase no clausulado do convenio asinado en 2006 entre o Concello e a ONCE, texto polo que o Concello obtivo a posibilidade de pasar a ser titular deste inmoble dende o momento da aprobación provisional da modificación puntual para recualificar os terreos da finca de Campolongo. Este trámite xa está realizado dende o pasado 30 de xaneiro.

Teresa Casal entende que o Concello ofrece unha posibilidade factible e realista para aliviar as carencias de espazo no campus. Ao mesmo tempo, indicou que abre novas perspectivas de futuro, unha vez que a ONCE remate o seu novo Centro de Recursos Educativos na parcela que lle cede o Concello na Unidade de Actuación 18, o polígono que se está a executar con fronte á rúa 12 de novembro. Chegado ese momento, o Concello xa será titular do edificio do colexio da Organización Nacional de Cegos en Campolongo, que tamén podería destinarse a reforzar o campus pontevedrés.

A tenente de alcalde explicou que o protocolo que o Concello tiña asinado coa Xunta para ceder estes dous inmobles á Administración autonómica cun fin sociosanitario nunca foi elevado a convenio e tampouco se manifestou interese por aquela previsión. Engadiu Teresa Casal que, en todo caso, a Xunta dispón en pleno centro da cidade dun magnífico edificio accesible e axardinado como é a antiga delegación da Consellería de Sanidade, que responde perfectamente a este fin.

Fuente: Ayuntamiento de pontevedra

Ir al inicio
invisible
Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página Mapa web Buscador Avanzado
Empresas
Guias
Dentistas, clinicas
Catering
Tpv Airis
Confeccion
Administración fincas
Formacion
Alarmas
Muebles y mueblerías
Audiovisuales
Alimentación
Limpieza y desinfección
Telecomunicaciones
Librerías
Asesorías
Caravanas
Inmobiliarias
Suelos radiantes
Psicotécnicos
Salud y Belleza
Farmacias Parafarmacias
Reformas
Directorios de Internet
Seguros
Rótulos y Publicidad
Pizarras
Artes Gráficas
Maquinaria y Repuestos
Floristerías
Construcción
Proyectos ingeniería
Climatización
Servicios
Cadena Ser
Palexco
Motor
Impresión digital
Agencias de Viajes
Hipotecas prestamos
Hotel Miera
Alquiler andamios
Informatica
rent a car
Vending
Asociaciones de empresas
Joyerias
Regalo
Compra venta de empresas

Circulo Gacela

Publicidad