O bloqueo á creación do Centro de Información e Investigación Ambiental (CINAM) de Galicia na finca de Lourizán por parte da Xunta de Galicia é unha moi mala noticia para a cidade de Pontevedra. Casal García lamenta que o Goberno de Alberto Núñez Feijoo non se tuvera dirixido formalmente ao Concello de Pontevedra para abordar esta cuestión. Entende que non é unha maneira leal de proceder entre institucións que o Concello empezara a sospeitar dos plans da Xunta a raíz dos desacordos entre as consellerías de Medio Ambiente e a de Medio Rural a propósito dos trámites da licencia para o laboratorio de referencia para análises de auga de Galicia no edificio do “Predio”. A tenente de alcalde considera a confirmación do conselleiro, realizada diante da prensa, como un duro golpe a Pontevedra, que perde un importante centro de investigación ambiental e un observatorio do cambio climático, o que ía significar que Pontevedra se convertera nunha referencia científica e se crearan varios postos de traballo para científicos de primeiro nivel. Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|