Teresa Casal respondeu ás preguntas realizadas naqueles temas que son da súa competencia directa ou do seu grupo e tomou nota daquelas que corresponden a outros departamentos municipais para o traslado aos compañeiros de Goberno local competentes. No que atinxe ao soterramento dos cables eléctricos e de telefonía, a tenente de alcalde deu conta das conversas mantidas con Unión Fenosa e Telefónica, pendentes de materialización nun convenio. Admitiu que estes trámites marchan lentos, especialmente coa subministradora eléctrica, e coincidiu cos veciños na necesidade de facer presión para que saian adiante. De tódolos xeitos, Casal García tamén informou dos cables obsoletos retirados de moitas rúas do centro histórico e dos soterramentos parciais xa realizados nalgunhas rúas. En canto ao proxecto de instalación dun servizo Wimax-WiFi no centro histórico indicou que os técnicos xurídicos municipais están resolvendo as cuestións legais relativas á explotación do servizo, toda vez que a realización das obras necesarias non supón problema para o Concello. A asociación veciñal ofreceuse a colaborar. Fuente: Ayuntamiento de pontevedra
|