A Concellaría de Medio Ambiente Natural do Concello de Pontevedra decidiu suspender a quinta saída do programa de andainas "Natureza nos Camiños" que ía visitar durante a mañá do próximo domingo o Espazo Natural de Interese Local da Xunqueira de Alba. As previsións de MeteoGalicia, que anuncian fortes ventos e precipitacións, aconsellaron adoptar esta medida. O programa reanudarase a semana seguinte. Unha vez realizada esta quinta saída á Xunqueira de Alba, de 5.300 metros de lonxitude, será o momento de viaxar, na sexta, á depuradora de augas residuais dos Praceres e ao pazo de Lourizán. Finalmente, ao sétimo domingo, os camiñantes que dispoñan dos seis selos das saídas anteriores terán preferencia para subirse ao barco que os vai trasladar á illa de Ons, onde se vai facer un roteiro natural para aprender máis sobre a fauna e flora da illa que garda e protexe do Atlántico á ría de Pontevedra. As persoas interesadas en inscribirse deben poñerse en contacto coa Concellaría de Medio Ambiente Natural, no teléfono 986 804300 extensión 4281 Fuente: Ayuntamiento de pontevedra
|