As sondaxes obrigan a cortar un carril da avenida de Bos Aires, á altura da ponte do Burgo, durante un prazo aproximado de 10 días. A máquina irá variando de posición, polo que é posible que o carril a cortar vaia tamén mudando durante este tempo. O proxecto de execución do Museo de Historia da Cidad estará rematado a finais de este ano, toda vez que o proxecto básico xa está en mans do Concello. O equipo redactor é o estudo madrileño "Loop", gañador do concurso de ideas organizado pola institución municipal. Os últimos datos indican que o proxecto terá un custo que superará os oito millóns de euros. O Museo será un edificio moi baixo, adaptado á realidade física da praza de Valentín García Escudero e dotado das últimas tecnoloxías. O edificio servirá de matriz a unha institución na que quedará tamén englobada a xestión doutros museos de sitio como o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) da avenida de Santa María, ou o Campiño de Santa María. Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|