Está prevista a apertura ás 20.00 horas segundo anunciou esta mañá o concelleiro de Protección Cidadá, Guillerme Vázquez. O edil mantiera varios encontros cos veciños para ofrecer estacionamentos alternativos durante os dez días de peche total da rúa, cuxas obras remataron incluso antes do prazo previsto
O concelleiro de Protección Cidadá, Guillerme Vázquez informou hoxe que esta mesma tarde, a partir das 20,00 horas abrirase ao tráfico a rúa Rosalía de Castro, que se pechou o pasado luns para botar o firme da rúa, que é de formigón negro.
A previsión era que estivera pechada durante dez días, pero os traballos xa estaban rematados o pasado fin de semana, pero foi preciso un tempo para que fraguase o firme. Os técnicos da empresa e do Concello entenden que os traballos xa están rematados e a rúa pode abrirse ao tráfico esta tarde.
Guillerme Vázquez mantivo na pasada semana varios encontros cos veciños da rúa que solicitaban unha solución alternativa e provisional para gardar os seus coches ante o peche total da rúa. Logo de solucionar este problema, a obra acabouse antes dos dez días previstos pola empresa.
Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|