A aposta da Concellaría de Obras Urbanas por este barrio se corresponde pola recuperación do que será no futuro un novo centro urbano na cidade, coa súa extensión a Juan Carlos I. O concelleiro de Obras Urbanas, Luís Bará mantén esta tarde (ás 20.00 horas no salón de actos do colexio Álvarez Limeses) un encontro cos veciños da rúa Joaquín Costa aos que presentará o proxecto de reforma do segundo tramo desta rúa (dende o cruzamento con Uxío Novoneira), incluída no gran proxecto de reforma urbana de Pintor Laxeiro, Estrada e Joaquín Costa, valorado en 3,1 millóns de euros. O concelleiro explicaralles que o esforzo inversor do Concello nesta zona da cidade está suficientemente xustificada ao considerar que será o próximo centro urbano da cidade, xa que conta cunha poboación moi elevada e moitos servizos no barrio. No encontro, Luís Bará adiantaralles o calendario de obra. Está previsto que a reforma comece neste tramo de Joaquín Costa a mediados do mes de xaneiro, unha vez finalizadas as festas de Nadal. Así o fixou coa empresa que executa toda a reforma, Sercoysa, e tamén coa Policía Local para coordinar as restricións de tráfico, no caso de ser necesarias. Cabe lembrar que o pasado mes de outubro, a reforma urbana de Joaquín Costa, Estrada e Pintor Laxeiro comezaba por esta última rúa, no tramo comprendido entre o cruzamento con Conde Bugallal até Juan Carlos I. Os técnicos municipais e a empresa, de acordo cos concelleiros, decidiron iniciar a reforma por este punto dado que así se poden aproveitar e coordinar cos traballos de urbanización da Unidade de actuación número 13 (antiga finca da Abundancia), que xa están moi avanzados. Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|