O lavadoiro da rúa de Médico Ballina loce novo aspecto despois da reparación efectuada pola Concellaría de Medio Ambiente Natural. A actuación, que contou cun orzamento de 3.000 euros, foi efectuada atendendo ás peticións efectuadas o pasado mes de agosto por un grupo de veciños.
A concelleira de Medio Ambiente Natural, Celia Alonso Caramés, visitou hoxe o lavadoiro e comprobou o resultado dos traballos, que consistiron na limpeza con máquina de chorreo a presión e recebado con cemento hidrofugante en zonas con perdas de auga. Desbrozouse a maleza e se acondicionou a fonte. A actuación incluíu tamén a colocación de dous tapóns, achega de xabre compactado e pintado de toda a superficie con pintura branca.
A concelleira de Medio Ambiente Natural, Celia Alonso Caramés, pretende ir arranxando paulatinamente este tipo de estruturas, dando prioridade ás que teñen uso veciñal. Este verán recuperouse tamén o lavadoiro da Fonte Santa.
Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|