A Concellaría de Deportes recibiu esta mañá a confirmación definitiva e xa comezou a por en marcha os preparativos para que a cidade volva a volcarse con esta competición
A Concellaría de Deportes, dirixida por Anxos Riveiro, recibiu esta mañá a confirmación de que Pontevedra volverá a ser sé dunha proba da Copa de Europa de Triatlón este mesmo ano. A cita está prevista para o vindeiro 17 de maio, na que as principais figuras desta disciplina volverán á cidade do Lérez para disputar esta competición.
A confirmación chegou de mans do presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva. Cabe recordar que a Federación galega elevou a petición ante a Federación española, do interese de Pontevedra por acoller este evento.
Unha vez recibida a nova, o Concello xa se pon mans á obra para organizar esta proba, e tratar de superar a organización do pasado mes de marzo e coa confianza de que o tempo acompañe. De feito, a primeira reunión organizativa podería celebrarse a vindeira semana.
O Concello quere agradecer á Federación Europea e Española de Triatlón para que volvan a confiar en Pontevedra como sé organizadora dun evento de tanta trascendencia social e mediática.
Esta concesión é unha proba máis de que Pontevedra ten capacidade para a organización da Copa de Europa de Triatlón, e continuará a demandala co apoio da Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, ante as instancias pertinentes.
Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|