Como xa anunciara o concelleiro Guillerme Vázquez, é preciso pechar a rúa para axilizar os traballos de urbanización da estrada que estarán rematados o vindeiro 28 de novembro, segundo as previsións da empresa Sercoysa que executa os traballos
Como adiantou esta semana o concelleiro de Protección Cidadá, Guillerme Vázquez, dende este luns, a partir das 09.30 horas, a rúa Eduardo Blanco Amor (na urbanización de Campolongo), quedará pechada ao tráfico para facilitar o avance das obras de urbanización desta rúa.
Será un peche total dende a rotonda de Fernández Ladreda ata a confluencia da rúa Luis Braille. A Policía Local que coordena este corte permitirá o acceso aos residentes da rúa Estrigueiras.
Os vehículos poderán transitar como vial alternativo pola rúa Luis Braille.
Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|