No parón inversor de Sanidade para construír o Hospital Único O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a tenente de alcalde, Teresa Casal, mantiveron esta tarde un encontro coa Asociación pola defensa da sanidade Pública, representada por Manuel Martín que acudiu en compañía dos xefes de servizos de Psiquiatría e de Mecidina preventiva. Tanto o Goberno local como a Asociación coincidiron na súa análise sobre o parón de investimento da Xunta de Alberto Núñez Feijóo na área sanitaria de Pontevedra, e a súa intención de privatizar a asistencia sanitaria nesta área. O goberno local defendeu o seu posicionamento: a construción do Hospital Único en Montecelo, onde o Concello ten reservados máis de 350.000 metros cadrados para unha futura ampliación do complexo, ademais de dispoñer de todas as infraestruturas e servizos necesarios para asistir e dotar a un complexo sanitario como o previsto. Tanto o alcalde como a tenente de alcalde lembraron que todos os trámites para a construción deste Hospital único están moi avanzados: aprobado o plan sectorial, consiganción para as expropiacións; consignación municipal para a urbanización da zona; un plan plurianual da Sepi para a financiación deste Hospital único, que era a demanda do sector e da cidadanía. Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|