O concelleiro César Mosquera solicita comparecer no próximo pleno para dar conta da situación do Plan de barrios que está iniciado no seu 60%. O total de investimentos era de 265 millóns, dos cales xa están consignados case 150 millóns. Segundo o concelleiro de Infraestruturas na cidade iníciase unha obra cada día laborable O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera informou esta mañá que na cidade inicianse cada día laborable unha nova obra nos barrios da cidade. Arredor de 250 son as que poderán estar en marcha cun investimento duns 150 millóns. César Mosquera manifestou que o pasado 17 de decembro de 2008, o Pleno da Corporación aprobou un Plan de actuacións e melloras nos barrios. Tratábase dunha proposta bianual (2009-2010) que foi exposta por el mesmo aquela sesión. Hoxe anunciou que solicitará unha comparecencia a petición propia no próximo pleno, que se celebrará o 20 de novembro, para informar de como se desenvolve ese plan. Segundo os datos que facilitou esta mañá, están iniciadas o 60% das obras contempladas no Plan de barrios, das cales 43 dependían do Concello (37 están iniciadas), 12 da administración central (6 están iniciadas), e 19 da Xunta de Galicia (só están iniciadas 6). Sobre este último dato, César Mosquera quixo matizar que das 6 obras iniciadas en Pontevedra pola administración autonómica "ningunha foi despois de abril deste ano. É dicir, non se iniciou ningunha coa nova Xunta, máis ben ao contrario, algunha destas seis parouse". Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|