O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o director xeral de Caixa Galicia asinaron o convenio de colaboración entre a institución e a entidade financiera para a promoción cultural da cidade. Ambos os dous representantes aplaudiron esta colaboración e confían en mantela de cara ao futuro
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente de Caixa Galicia, José Luis Méndez asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre
o Concello e a Fundación Caixa Galicia para a promoción das actividades culturais da cidade.
O montante ascende a 240.000 euros, investimento que a entidade crediticia achega para a programación cultural da cidade. Esta actividade está compartida co Concello como a organización do Festival Internacional de Jazz ou a consecuente Edición do Memorial Ricardo Portela con 28.000 euros; e tamén co ente público Pazo da Cultura organizando o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Cantos na Maré ou os concertos de Marlango e María de Medeiros que tiveron un investimento de 60.000 euros.
Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|