Será o vindeiro día 11 cando Pontevedra estree o alumeado do nadal en moitas das súas rúas céntricas. Atendendo á demanda de numerosos comerciantes, e tal como lles comunicou a concelleira de Festas, Anxos Riveiro, aos representantes de AEMPE e o CC Zona Monumental, o municipio amplía o número de rúas nos que pon directamente o alumeado, aínda que acurte os días de exhibición, producindo un considerábel aforro público. Aínda que o Concello instalaba ata o pasado ano o alumeado ornamental só nunhas cantas rúas da cidade —o Centro Histórico e poucas máis— pagaba a enerxía eléctrica de todo o conxunto, aínda que en moitas rúas a instalación e aluguer das luces correse a cargo dos comerciantes. A maioría dos espazos peonís da cidade quedarán adornados, ademáis doutras áreas de especial densidade comercial. Fuente: Ayuntamiento de pontevedra
|