O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e os concelleiros Anxos Riveiro e Miguel Vázquez Plaza quixeron compartir cos veciños de O Castañal a recepción das obras da U-10 situadas a carón da futura urbanización de Valdecorvos. Un parque, un área infantil e varios viais pasaron onte a mans do Concello, unha nova imaxe para este barrio da cidade, con máis de 7.000 residentes, que seguirá cambiando nos vindeiros anos coa inversión de máis de 20 millóns de euros
O barrio de O Castañal comeza a cambiar. Onte o Concello recibiu a urbanización da denominada Unidade 10, situada no barrio de O Castañal e lindante coa que será futura urbanización de Valdecorvos. Ademais de viais, recibiuse unha zona verde, un parque infantil e outros espazos comúns que o Concello reforzará con máis mobiliario, segundo manifestou o mesmo o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, aos veciños tras un acto celebrado na propia urbanización, no que tamén estiveron presentes os concelleiros Miguel Vázquez Plaza e Anxos Riveiro.
Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|