A apertura da rúa Branco Amor está pendente do pintado da sinalización horizontal que se fará en canto o tempo o permita.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Protección Cidadá, Guillerme Vázquez visitaron onte o desenvolvemento dos traballos de urbanización da rúa Branco Amor, que se abrirá nos vindeiros días.
Fernández Lores explicou que “as obras están moi avanzadas” e puntualizou que “estamos pendentes de pequenos remates de obras, entre eles o pintado da sinalización horizontal” que non se poderá facer ata que chegue o tempo seco. De feito, o alcalde manifestou que “unha vez que se poda se fará aínda que sexa en fin de semana ou en festivo”. De todos os xeitos, o alcalde sostivo que “creemos que podemos retrasar uns días a apertura da rúa mentras non esté pintado para evitar posibles dudas dos condutores”.
Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|