Nunha carta enviada a estas institucións, lembra que resultaría "irresponsable" esperar a saber se se executa a sentenza do Supremo que obriga a restaurar ao seu estado natural os rechos do Porto. O presidente da Xunta, o presidente da Deputación, o presidente do Porto de Marín, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Consellería de Mar e o Concello de Marín son os receptores dunha carta que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores asinou e enviou esta mañá para adoptar unha solución ao ditame da sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegais os recheos da ría no Porto de Marín, e obriga a súa reposición natural. Na misiva indica que “parece pouco responsable” esperar a que “algunha incidencia na súa execución -da sentenza- atrase indefinidamente a súa plasmación, sen adoptar medidas que garantan o futuro das actividades actuais e do propio Porto”. “Ante esta situación, propoño, como alcalde, que se proceda á elaboración e aprobación dun instrumento de ordenación do territorio (Plan Sectorial o Proxecto Sectorial) para dotar ao Porto duns terreos industriais (porto seco)”, indica na súa carta. “Este plan ou proxecto tería que ser elaborado pola Xunta por ser a administración competente, é dicir pola consellería responsable en ordenación do territorio”, indica a carta. Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|