A Concellaría de Festas que xestiona Anxos Riveiro xa ten todo preparado para que a Cabalgata de Reis estene novo percorrido polo centro da cidade, e xa ten ultimada a apretada axenda dos Reis Magos de Oriente durante a súa visita de hoxe á nosa cidade
Xa está todo ultimado para o día grande dos nenos neste Nadal. A véspera de Reis os Magos de Oriente chegarán a
Pontevedra enriba de camelos e cunha grande axenda por diante, antes de visitar a casa de cada un dos pequenos da cidade.
Ás 16.00 horas, a comitiva real sairá do Concello percorrendo as rúas Michelena, Peregrina, paseo de Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, César Boente, praza da Peregrina para chegar ao Pazo de Mugartegui onde ofrecerán a tradicional recepción oficial.
Ás 16.30 horas, comezará a recepción oficial en Mugartegui.
Ás 19.00 horas sairá a Cabalgata de Reis dende a avenida da Raíña Vitoria, avenida Augusto García Sánchez, praza de Galicia, rúa Andrés Mellado, rúa Peregrina e avenida de Vigo. Ao remate, traslado dos Reis Magos ata a praza da Ferraría para facer a tradicional adoración ao Belén.
A Banda de Músida de
Pontevedra abrirá a comitiva real que irá seguida:
* Grupo de cabalería
* Carroza Caixanova "Zapatos de Reis"
* Actuacións tradicionais
* Cabezudos e zancudos saltaríns
* Carroza de Pluto do Centro Comercial Urbano-Zona Monumental
* Actuación danzando co Nadal
* Carroza de Brancaneves de Froiz
* Actuación Fantasía brilante
* Carroza paxaro carpinteiro de Coca Cola
* Os Quintilláns
* Grupo folclórico Os Alegres
* Grupo de pastores
* Camelos reais
* Carroza do Rei Melchor con trineos e cans polares
* Malabaristas de lume, percusionistas e bailarinas árabes
* Actuación de adornos de árbores de Nadal
* Carroza do Rei Gaspar coa lámpada de Aladino e Encantador
* Actuación de Tres dragóns
* Agrupación folclórica os Alegres
* Xigantes
* Carroza do Rei Baltasar "Toten africano"
* Trasnos con pelotón bastón de globos.