Casi setenta árbores serán prantados de novo nos próximos días en varios espazos públicos da capital, substituíndo a outros que se malograron ou estaban en malas condicións de saúde e podían chegar a representar un perigo para os viandantes. Todas estas prantacións serán realizadas pola Brigada Municipal de Parques e Xardíns, e segundo o concelleiro de Medio Ambiente Urbano, Reimundo González, servirán para manter en boas condicións a gran variedade arbórea da cidade, xa que o mantenemento da mesma é unha das nosas prioridades, xunto o progresivo adecentamento de novos espazos, parques ou redondas. A estas 69 unidades é preciso engadir outras moitas que se están prantando como parte de novos desenvolvementos urbanos ou parquesou paseos que se están arranxando, xa que a práctica totalidade das obras de reforma urbana que se desenvolven actualmente, incorporan á cidade unha gran cantidade de especies arbóreas. Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|