Esta mañá celebrouse a comisión de seguimento do Plan presidida por Miguel Anxo Fernández Lores. Na sesión pechouse a segunda anualidade do Plan na que se investiu máis de 1,4 millóns O presidente da Mancomunidade de Turismo “Terras de Pontevedra”, Miguel Anxo Fernández Lores presidiu esta mañá a comisión de seguimento do Plan de Produto Turístico “Terras de Pontevedra”, xunto a representantes da Secretaría de Estado do Ministerio de Industria, da Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, da Cámara de Comercio, e doutros membros integrantes da Mancomunidade de Turismo. Nesta reunión pecharon a anualidade 2008-2009 na que a Mancomunidade investiu 1.454.000 euros, e no que o proxecto máis importante foi a restauración da Casa da Luz que se converterá en centro de recepción de visitantes para Terras de Pontevedra e tamén para a empresa municipal de Turismo “Turismo de Pontevedra”. Fuente: Ayuntamiento de pontevedra
|