A concelleira de Medio Ambiente Natural, Celia Alonso Caramés, puxo en marcha unha campaña de limpeza e mantemento das beiras do río dos Gafos a cargo da empresa de Inserción Laboral Cormo Integral, Sociedade Limitada Unipersoal. A campaña ten unha duración inicial de seis meses. A concelleira presenciou hoxe nas inmediacións da Ponte Nova o desenvolvemento desta campaña. Ó acto asistiu tamén a directora da empresa, Charo González Costas.
Cormo ten como misión a integración no mercado laboral de persoas en risco de exclusión social e que traballan para esta empresa durante un período de entre seis meses e dous anos seguindo un itinerario específico de inserción.
Fuente: Ayuntamiento de Ponferrada
|