O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores entrevistouse esta semana co representante do Concello no Consello de Administración de Caixanova, Xosé Lois Veiga Lage para trasladarlle o acordo da Xunta de Goberno Local sobre as caixas galegas. O citado acordo é o seguinte: As Caixas de Aforro cumpren un papel moi importante para a economía galega. Os seus beneficios repercuten, a través das súas obras sociais, no fomento da cultura, da promoción e xeración de emprego, na formación e no apoio aos sectores produtivoS. O goberno municipal de Pontevedra considera que o centro de decisión das caixas de aforro debe quedar en Galiza, polo tanto, defende a galeguidade das caixas. Consecuentemente con isto, se ten que haber unha fusión ou SIP, consideramos que esta ten que ser entre as Caixas Galegas. O goberno municipal tamén esixe, que neste proceso, Pontevedra non sexa prexudicada.Acordamos dar traslado deste acordo á Presidencia da Xunta de Galicia, á dirección de Caixanova e á dirección de Caixa Galicia. Xosé Lois Veiga Lage manifestou que “estaba interesado en coñecer de primeira man o posicionamento do Concello xa que estamos ante unha das decisións económicas máis transcendentes da economía de Galicia e que vai a marcar o noso futuro”. Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|