A Empresa Municipal de Turismo, “Turismo de Pontevedra S.A.”, superou o seu último obstáculo administrativo ao concluír o prazo de exposición pública dos seus estatutos sen que se interpuxera alegación ou suxestión algunha. Os estatutos foron aprobados polo Pleno do Concello o pasado 24 de outubro.
O concelleiro de Promoción Económica e impulsor da iniciativa, Antón Louro, pretende constituír a empresa a partir do mes que vén. A empresa botará andar cun xerente e un administrativo, persoal que será contratado en concurso público. O obxectivo é, apunta o concelleiro, que a empresa estea operativa e en funcionamento cara o verán.
En opinión de Antón Louro, “Turismo de Pontevedra S.A.” será o instrumento encargado de xestionar o turismo como un negocio aplicando as liñas de actuación que marca o Plan Estratéxico de Turismo (xa rematado e que será presentado en breve), así como o Plan de Produto Turístico e o Plan de Competitividade. A sede física da empresa estará na Casa da Luz.
Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|