A mesa de contratación para a rehabilitación do barrio de Salgueiriños volveu a reunirse esta mañá e acordou propoñer a oferta da empresa Construcciones Crespo para executar esta reforma. A empresa presentou unha oferta de 866.000,44 euros, e presentou unhas melloras valoradas en 203.202,98 euros. Con esta oferta sobre a mesa, o tema será debatido pola próxima Xunta de Goberno Local para a súa aprobación definitiva. O pasado mes de setembro a mesa revisaba a documentación administrativa das 13 empresas que se presentaron ao concurso. Fuente: Ayuntamiento de pontevedra
|