Serán once domingos, ate Semana Santa, na que a oferta de teatro infantil máis importante da cidade alternará entre teatro negro, mundo, monicreques xigantes, espectáculos de danza... As entradas, a dous euros, xa están á venda
A concelleira de Cultura, Lola Dopico presentou esta mañá o programa de Domingos do Principal, que este ano ofrecerá 11 sesións, once domingos entre o próximo 11 de xaneiro até o 29 de marzo, os comprendidos entre o Nadal e a Semana Santa.
Como cada ano, as sesións serán a partir das 18.30 horas no Teatro Principal, a un prezo de 2 euros. As entradas pódense obter desde hoxe mesmo no servizo telefónico de Caixa Galicia ou dúas horas antes nos despachos de billetes do Teatro Principal (existe unha reserva de 100 entradas para a venda en despacho de billetes).
Lola Dopico explicou que para este ano se valorou trasladar os Domingos do Principal, ao Pazo da Cultura, pero foi unha alternativa que se descartou porque a distancia entre o escenario e as últimas butacas prexudicaban á calidade do espectáculo para os nenos máis pequenos.
Por primeira vez, a programación de Domingos do Principal ofrece espectáculos para nenos desde 1 ano de idade, pero será moi variada a posta en escena: teatro negro, mudo, monicreques xigantes, espectáculos de danza...
Fuente: Ayuntamiento de Pontevedra
|