A etapa consistiu nunha andaina pola finca anexa ao pazo e combinouse cunha visita previa á estación depuradora de augas residuais de Os Praceres, onde os participantes puideron observar o proceso que seguen as augas urbanas ata a súa depuración. Un dos principais elementos analizados na primeira parte da visita, en concreto na realizada á EDAR de Praceres, consistiu na observación dos elementos que se depositan a través dos condutos de augas residuais, tales como restos de roupa e comida, restos de animais, entullo e lixo de todos os tipos, coa conseguinte problemática que isto carrexa para o proceso de depuración. Na segunda parte da xornada, na visita ás 52 hectáreas do xardín principal do Pazo de Lourizán, os participantes, ademais de coñecer algo sobre a historia e as orixes do pazo que no seu día edificou Eugenio Montero Ríos, puideron observar a riqueza e variedade das árbores que abondan en todo o lugar. Fuente: Ayuntamiento de pontevedra
|