Unhas obras de canalizacións de servizos obrigan a cortar o carril descendente da rúa entre Juan Carlos I e Loureiro Crespo A Policía Local informa que un carril da rúa San Mauro, no seu tramo comprendido entre o cruzamento de Juan Carlos I e Loureiro Crespo, manterase cortado ao tráfico durante tres días, dende hoxe ao xoves (ambos incluídos), por motivo de obras de canalización de servizos. O carril descendente será o que se pechará ao tráfico (dende Juan Carlos I a Loureiro Crespo). A Policía Local desviará o tráfico que acceda a Loureiro Crespo a través da prolongación Juan Carlos I (facendo o xiro a esquerda) cara Loureiro Crespo. Fuente: Ayuntamiento de pontevedra
|