Os primeiros en gozar desta oportunidade van ser os estudantes do CEIP San Bieito de Lérez, que visitarán as instalacións ideadas por Montero Ríos mañá mércores, 2 de decembro,ás 10.30 horas. Serán un total de 54 nenos/as pertencentes a Segundo de Primaria. O obxectivo do programa, organizado conxuntamente pola Concellaría de Educación e o Centro de Investigación e Información Ambiental de Lourizán, é que nos rapaces, dende os seus primeiros anos de vida, tomen conciencia da importancia dos recursos forestais para o desenvolvemento da comunidade e do hábitat. Os centros interesados en solicitar unha visita guiada poden facelo de dúas formas: a través da web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, na dirección:http://medioambiente.xunta.es/lourizan_solicitude.jsp; ou ben solicitando o envío do modelo de solicitude ao Centro de Investigación e Información Ambiental nos teléfonos 986 80 50 00 (centraliña), 986 80 50 61 ou 986 80 50 69. Unha vez solicitada a visita, dende Lourizán comunican a reserva ao Concello, que se encarga de xestionar os autobuses para as visitas. Fuente: Ayuntamiento de pontevedra
|